31 Octubro | 17:30H
Ruta Diaria
25 personas
Español, Galego
🌙 NOITE DE MORTOS | MISTERIO E TRADICIÓN EN LAXEDO 🕯️
Atréveste a descubrir os segredos que agocha a noite? 👻
Este sábado 31 de outubro, Oitaven Life ® convídate a vivir unha experiencia diferente en Laxedo (A Lama), onde a historia, o misterio e as tradicións galegas se atopan ao caer a noite.
🔦 Adentrarémonos nun roteiro nocturno polos camiños de Laxedo, visitando a súa igrexa e o cemiterio para descubrir como se vive e se entende a morte na nosa terra.
📜 Coñeceremos historias da súa xente, antigas crenzas galegas e o misterioso simbolismo masónico vinculado ao legado do Conde Cabanelas.
🕯️ E para rematar esta experiencia tan especial, gozaremos dunha cea á luz das velas na Fundación Ofirvida.
E, coma sempre, ata aquí podemos contar! 😉
🗓️ Sábado 31 de outubro de 2026
🕠 Inicio: 17:30 h
📍 Laxedo (A Lama, Pontevedra)
💶 Prezo: 60 € por persoa
⚠️ PRAZAS LIMITADAS!
Reserva xa a túa experiencia con Oitaven Life ®!
📞 WhatsApp: 611 024 449
Descubre o roteiro, as historias e todo o que temos preparado para ti.
📥 [Descarga o PDF de Noite de Mortos]
Vémonos ao caer a noite! 🌙
Gracias Oitaven Life