Consultar
Día Programado
6 personas
Español, Galego
🚙 DO SUÍDO AO COCIDO | MONTE, AVENTURA E GASTRONOMÍA 🍲
E se cambiamos a rutina por unha boa aventura… e rematamos cun cocido? 😋
En Oitaven Life ®, xunto con Casa Nagarola, preparámosche unha experiencia que combina o mellor da nosa terra: natureza, aventura, tradición e gastronomía galega.
🚙 Comezaremos cunha emocionante ruta en 4×4 pola Serra do Suído, seguindo os antigos camiños da Ruta dos Arrieiros, por onde se transportaba o viño do Ribeiro cara a Pontevedra e a costa.
🌿 Durante o percorrido descubriremos paisaxes espectaculares, fervenzas, cabalos salvaxes, miradoiros e recunchos cheos de historia, con paradas para gozar da paisaxe e inmortalizar os mellores momentos.
🍲 E despois da aventura… chega a recompensa! Un delicioso cocido galego en Casa Nagarola, en Fornelos de Montes, para compartir arredor da mesa e gozar dunha sobremesa sen présas.
Porque hai plans que saben aínda mellor cando se comparten! 😉
🗺️ A EXPERIENCIA DUNHA OLLADA
🚙 Ruta 4×4: Serra do Suído e Ruta dos Arrieiros.
🌿 Natureza: fervenzas, miradoiros e paisaxes únicas.
🍲 Gastronomía: cocido galego en Casa Nagarola.
👥 Participantes: grupos e empresas, mínimo 6 persoas.
🕘 Horario: quenda de mañá ou de tarde, a escoller.
📍 Localización: Serra do Suído · Fornelos de Montes.
💶 Prezo: consultar segundo o grupo.
📲 RESERVAS E INFORMACIÓN
Un plan perfecto para grupos de amigos, celebracións e encontros de empresa!
📞 WhatsApp: 611 024 449 · 📧 oitavenlife@gmail.com
📄 DESCARGA O PROGRAMA
Queres coñecer todos os detalles? 📥 [Descarga o PDF «Do Suído ao cocido»]
Primeiro o Suído, despois o cocido… Apetéceche? 🚙🍲
Sin duda los mejores!!!