Numerosos espazos naturais da nosa contorna tentan defenderse da invasión de instalacións eólicas que, lonxe de adaptarse ao territorio, convértense na súa aniquilación
Mañá a cita é en Entrerríos, no concello de Fornelos de Montes. O día 29, será en Sabucedo, na Estrada; os veciños de Amil en Moraña indígnanse ao ver como as máquinas, que xa traballan no seu territorio, esnaquizan, non só a súa contorna, senón os petróglifos dos seus devanceiros sen a máis mínima intervención das institucións, preguntándonos se hai alguén ao volante de todo isto; este xoves mesmo o alcalde de Ponte Caldelas chamou á veciñanza á presentación de alegacións contra a instalación dun parque eólico na Serra da Fracha, que tamén afecta a Pontevedra; mentres este concello o luns, no seu Pleno Municipal, amosará a súa frontal oposición á instalación de infraestruturas eólicas nos seus montes.
Enlace a la noticia completa en Diario de Pontevedra